Documentación administrativa. Documentos de xuízo. A memoria

Documento que describe, a posteriori, a xestión económica ou de actividades levada a cabo por un organismo ou por unha unidade calquera nun tempo determinado.

Estrutura

A memoria non segue a estrutura do informe, cos contidos delimitados en parágrafos etiquetados, senón que emprega o texto seguido. Isto non implica que non haxa unha ordenación temática como a que se explica a seguir. No caso de documentos moi amplos, dividirase en capítulos ou seccións co seu correspondente índice.

1 Cabeceira

- Titulo: indícase brevemente o tema, a unidade que realizou as actividades e o tempo empregado e destácase tipograficamente do resto do documento.

2 Corpo

Dada a gran variedade de contidos que se tratan, cada memoria ten a súa propia organización temática. Con todo, débense ter en conta, polo menos, dúas partes: a introdución e a descrición das actividades.

Así, pódese comenzar cunha introdución breve que presente as directrices que orientaron o labor que se describe ou empregar a estrutura xerárquica do organismo que emite a memoria como fío condutor.

Deseguido, menciónanse as actividades realizadas no período descrito. Esta relación agrúpase segundo diversos criterios: cronolóxico, segundo as áreas ou departamentos que as realizaron, segundo o tipo de actividades, etc. En calquera caso, pódense empregar métodos de información complementarios: datos estatísticos, táboas, gráficas e ilustracións.

3 Peche

- Lugar e data

- Sinatura: cargo, rúbrica, nome e apelidos-

4 Anexos

É habitual engadir documentos mencionados no corpo do texto.

 

Exemplo

 

MEMORIA ANUAL DA BIBLIOTECA ANXO CASAL

ANO 2003

 

Índice

1 Creación da biblioteca

2 Actividades

    2.1 Presentación da biblioteca

2.2 Convenios de colaboración

2.3 Campaña de fomento da lectura

2.4 Recollida de novos fondos

3 Dotación

3.1 Fax

3.2 Equipo informático

3.3 Mobiliario

3.4 Papelería

4 Proposta de novas actividades para o ano 2004

4.1 Establecemento de intercambios bibliotecarios

4.2 Campaña O cinema na literatura

4.4 Homenaxe a Anxo Casal

5 Anexos

5.1 Carta de presentación

5.2 Ficha para outras bibliotecas

5.3 Listaxe de fondos