Redacción e estilo. Os recursos tipográficos. A negra

A letra negra serve para destacar a información que quen redacta considera máis relevante.

Isto pode afectar ao contido do texto ou á súa organización. Como para o primeiro podemos empregar tamén a cursiva, é aconsellable utilizar a negra como elemento estruturador do documento:

Para os títulos dos apartados:

A memoria xustificativa deberá conter o apartado Dotación, no que se farán constar os medios cos que se contou para levar a cabo o proxecto.

Para as distintas partes necesarias en cada tipo de documento:

Núm. da sesión: 2/2010

Carácter: ordinaria

Lugar: edfs. admtivos. de San Caetano

Data: 13.01.2010

Asistentes:

Deste xeito, distribuímos cun criterio moi funcional os recursos que antano se suporpoñían, recargando a apariencia visual da comunicacion e restándolles efectividade a todos eles.

Con todo, o fundamental é atoparmos un criterio xerárquico que sexa coherente en todo o documento.