Coidar a relación entre os elementos da oración resulta necesario para unha axeitada aplicación do estándar culto da nosa lingua. Velaí a importancia da redacción meditada e da revisión dos textos.
As confusións ás que lles debemos prestar máis atención son as seguintes:
- De xénero ou de número, entre o nome e os seus modificadores:
X O formulario e da folla de pagamento entregada.
V O formulario e a folla de pagamento entregados.
- De número, entre o complemento indirecto e o pronome pleonástico:
X Requiríuselle a presentación de novos xustificantes aos representantes dos afectados.
V Requiríuselles a presentación de novos xustificantes aos representantes dos afectados.
- De número, entre o suxeito e o verbo:
X A maioría emitiron un informe negativo da proposta de convenio.
V A maioría emitiu un informe negativo da proposta de convenio.
- D preposición, entre dous elementos dunha frase que necesitan empregar preposicións diferentes:
X Confío e acepto as medidas
V Confío nas medidas e acéptoas.