O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Comisión de Festas de Corme e coa Comisión de Festas da Pilarica, organiza a actividade Eira Xandobeleira.
Trátase dunha ludoteca Itinerante composta dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diverso. Un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa.
A actividade desenvolverase o luns 31 de agosto, ás 19.00 h en Corme, e o 11 de outubro en Ponteceso
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística