Curso preparatorio para a obtención do Celga 3 no IES de Ponteceso

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dentro do seu plan formativo para adultos, acaba de publicar a convocatoria dos cursos Celga para o ano 2015 (DOG núm. 159, do 21 de agosto de 2015).

Neste concello impartirase, sempre que se cumpran as condicións mínimas que establece a convocatoria, un curso preparatorio para a obtención do Celga 3. As clases terán lugar no IES de Ponteceso, entre o 19 de outubro e o 9 de decembro, en horario de 20 a 22 horas, de luns a venres.