Xogos tradicionais

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Comisión de Festas da Barquiña, organiza unha sesión de xogos tradicionais.

Trátase dunha ssión de xogos populares e tradicionais na que as nenas e os nenos poderán participar en xogos como o ferrón, os aros, os sacos, os zancos, o metediscos, a chave, o pano, a pita cega, o cazarrabos, o sogatira, …

A actividade desenvolverase o 14 de setembro.

Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística