Certificado interno producido dentro das actuacións administrativas que acredita a execución dun trámite: a separación dun documento do expediente, modificacións de situacións administrativas, notificacións, requirimentos…
Estrutura
Ao tratarse dun documento interno, acentúanse a simplicidade e a concisión; redúcese a formalidade propia dos documentos administrativos e non ten cabeceira. Ademais, pode ser modificada con facilidade en función do acto administrativo que acredita, pois engadiranse máis ou menos datos segundo o documento ou trámite ao que se refire.
1 Corpo
Iníciase coa fórmula FAGO CONSTAR: ou DILIXENCIA PARA FACER CONSTAR: e a continuación ordénanse, en parágrafos independentes encabezados por «Que» máis un verbo conxugado (se a redacción o permite), as distintas circunstancias que se acreditan.
2 Peche
- Lugar e data
- Sinatura; cargo, rública, nome e apelidos
Exemplo
FAGO CONSTAR:
Que no proxecto de orzamentos xerais da comunidade galega para o ano 2002, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 15.10.2001, existe crédito suficiente na aplicación 06 050 331 A 788 para facer fronte ás axudas para a reparación de edificios de vivendas de promoción pública.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001
A xefa de Servizo de Contabilidade
Nome e apelidos