Corrección e traducción
O SNL ofrece de balde os servizos de revisión lingüística e tradución de castelán a galego, con preferencia da revisión sobre a tradución. Pódense enviar os documentos para revisar ou traducir en formato electrónico.
Resolución de dúbidas
O SNL atende calquera consulta relacionada coa lingua galega sobre fonética, ortografía, morfoloxía, sintaxe… Tamén atende dúbidas sobre outros aspectos relacionados coa lingua galega, como lexislación, dereitos e deberes lingüísticos, toponimia e antroponimia, datos sociolingüísticos, asesoramento en bibliografía, etc.
Funcións
O Servizo de Normalización Lingüística ten como misión estimular e darlle soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega e mellorar a calidade da comunicación.
Funcións de asesoramento lingüístico na administración local
- Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística
- Velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía
- Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e nos procesos selectivos para que se avalien convenientemente os coñecementos lingüísticos das persoas aspirantes
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a súa organización
- Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos
Funcións de asesoramento lingüístico para a cidadanía, empresas, asociacións ou entidades
- Asesoramento lingüístico
- Corrección de textos
- Tradución de textos breves
- Asesoramento sobre dereitos lingüísticos
Promovemos as seguintes accións:
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos
- Fixar criterios lingüísticos
Criterios lingüísticos
O SNL pon ao dispor das persoas interesadas unha serie de manuais co fin de contribuír á calidade lingüística.