Documento no que se solicita a presenza de alguén nun lugar, hora e data determinados para asistir a unha sesión dun órgano colexiado ou a unha reunión colectiva doutro tipo.
Estrutura
1 Cabeceira
- Identificación do destinatario: nome, apelidos e enderezo completo. Só no caso de empregar un sobre con ventá se aliñarán estes datos á dereita. Se se trat dun organismo, dependencia ou unidade administrativa, sitúase esta información na última liña escrita con maiúscula. Se se dirixe a un cargo, poderase acompañar ademais co tratamento protocolario.
- Título: indicación breve do contido destacada tipograficamente do resto do documento.
2 Corpo
- Saúdo: é opcional e deberá cadrar co ton do documento. No caso de indicar o destinatario ao final do documento, non se incluirá.
- Núcleo: deberanse indicar os seguintes datos:
. Identificación da reunión. Comeza coa fórmula de convocatoria:
Compráceme convocalo/a…
Por encargo de … convócoo/a…
. Indicación do tipo de sesión: ordinaria ou extraordinaria.
. Día, hora e lugar de reunión.
. Orde do día. Deberíanse indicar, en lista, os asuntos que se van tratar.
Polo xeral os puntos primeiro e último son sempre os mesmos:
1 Lectura e aprobación da anterior…
6 Rolda de intervencións
- Despedida: se abrimos a comunicación cun saúdo, en consecuencia, pechamos cunha despedida que debe manter o mesmo ton daquel.
3 Peche
- Sinatura: rúbrica, nome e apelidos, e cargo.
Por ir despois do nome, o cargo non leva o artigo diante.
- Lugar e data: se o documento non posúe saúdo nin despedida, esta indicación colocarase antes da sinatura.
Exemplo
Ignacio Malvárez Ribadeneira
Rúa Alameda, s/n
15532 A Coruña
CONVOCATORIA
Señor,
Compráceme convocalo á reunión da Xunta Electoralda denominación da indicación xeográfica protexida «Queixo do Cebreiro».
Día: 25 de maio de 2002
Hora: 10.00 h
Lugar: sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela
ORDE DO DÍA
1 Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
2 Recepción da documentación electoral
3 Asignación de postos de elección
4 Rolda de intervencións
Atentamente,
Nome e apelidos
Secretaria da Xunta Electoral
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002