Documento de carácter protocolario utilizado para convidar a alguén a un acto.
Estrutura
1 Corpo
- Identificación do emisor: pode ser un organismo ou un cargo. No segundo caso, terá que ir acompañado do órgano no que desenvolve as súas funcións; de xeito opcional, tamén poden ir o nome e os apelidos.
- Núcleo: no mesmo parágrafo inclúese a fórmula de convite, que pode ser:
… comprácese en convidalo/a…
… ten o pracer de convidalo/a…
… convídao/a…
e os datos pertinentes sobre o acto; asunto, día, hora e lugar. Esta información tamén se pode situar fóra do corpo do texto de forma esquemática.
Tamén pode personalizarse o documento poñendo tras a fórmula o nome e apelidos ou cargo e o organismo que representa o destinatario, en función de cal sexa o motivo do convite.
2 Peche
- Lugar e data: indicarase, opcionalmente, só o mes e o ano, para non confundilos coa data de celebración do acto.
- Información complementaria: indicacións ou recomendacións opcionais (necesidade de confirmación de asistencia, posibilidade de levar acompañante, recomendacións de vestiario…)
Exemplos
O conselleiro de Innovación e Industria
Nome e apelidos
e no seu nome
A directora xeral de Promoción Cultura
Nome e apelidos
comprácese en invitalo/a á inauguración do
Centro de Coordinación Lingüística da Pequena e Mediana Empresa
Data: luns, 20 de xaneiro
Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia
Hora: 12.00 h
Prégase confirmar asistencia
O conselleiro de Innovación e Industria
Nome e apelidos
ten o pracer de convidalo/a ao acto de inauguración do
CENTRO DE COORDINACIÓN LINGÜÍSTICA DA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA
que terá lugar o vindeiro luns, 20 de xaneiro, ás 12.00 h, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.
Santiago de Compostela, decembro de 2003