Documentación administrativa. Documentos de transmisión. O anuncio

O anuncio é o texto administrativo no que se difunden certos datos e elementos da xestión pública de interese social. O contido pode ter que ver coa adquisión de bens, contratación e preseentación de servizos e actividades, ofertas a cidadáns e a empresas, etc. Publícase de forma xeral nos diarios oficiais e, ocasionalmente, nos medios de comunicación xeral.

Estrutura do anuncio:

1 Cabeceira

- Identificación do emisor: se o anuncio se insire nun diario oficial indicarase a unidade ou órgano que promove o anuncio. No caso de empregar un medio de comunicación, a entidade ou organismo emisor toma máis relevancia pois aos seus datos (enderezo, fax, teléfono, correo electrónico) engádeselles o logotipo, anagrama ou escudo.

- Título: indicación breve do contido destacada tipograficamente do resto do documento.

2 Corpo

A súa estrutura debe responder ás premisas de claridade e facilidade de comprensión. A información deberá indicar, dependendo dos casos, cuestións como as características do feito que se anuncia, os requisitos necesarios para optar a el, o lugar de tramitación e o prazo en que se deben realizar, as indicacións sobre o lugar (enderezo, núm. de teléfono, enderezo electrónico) e o horario de información ao público,

3 Peche: Lugar, data e sinatura (cargo, nome e apelidos).

Exemplo

XUNTA DE GALICIA

ANUNCIO DE CONVOCATORIA

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Persoal, convoca os mestres e as mestras interinos que traballaron no curso 1999-2000 para cubrir as vacantes que se producen tras os procesos de selección realizados na Comunidade Autónoma.

Os nomes das persoas convocadas figuran nas relacións expostas nas delagacións provinciais desta consellería.

Día: 12 de setenbro

Hora: 16.30 h

Lugar: IPFP «Monte e Conxo» de Santiago de CompostelaIa

As vacantes que poidan existir, unha vez rematado o proceso anterior, cubriranse por rigorosa orde de lista cos opositores de 2002, tendo en conta o perfil das prazas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004

O secretario xeral

Nome e apelidos