Documentación administrativa. Documentos de transmisión. O aviso

O aviso é o anuncio polo que se pon un feito en coñecemento dos posibles interesados.

Estrutura do aviso:

1 Cabeceira

- Título: será sempre a palabra AVISO, destacada tipograficamente do resto do documento.

2 Corpo

Débese incluír información sobre o feito que se anuncia, as causas ou cambios que xera esta información, as solucións e as alternativas. Por último, inclúense as desculpas se for necesario.

3 Peche

- Identificación do emisor: unidade que emite o documento.

- Información complementaria: opcionalmente poderá aparecer un lugar e un horario para informar os interados sobre o contido do aviso.

Exemplo

XUNTA DE GALICIA

AVISO

 

Comunícaselles a todos os participantes no Curso Internacional sobre Administración e Medio Ambiente que o seminario de Jean-Marie Chirac González, «Administración Pública e Medio Ambiente: novos retos para un novo milenio», programado para os días 23 e 24 de xuño ás 10.30 h na aula 18 da EGAP, terá lugar os días 24 e 25 no mesmo lugar ás 12.030h.

A organización lamenta estes cambios de última hora e solicita que as persoas interesadas recollan a documentación deste seminario no mostrador situado na planta baixa da EGAP o mesmo día que comeza o curso.

 

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2002

A organización do Curso Internacional sobre Administración e Medio Ambiente

 

 

INFORMACIÓN:

Lugar: despacho 23, EGAP

Tfno: 981 567 890

Horario: de 9.30 a 18.30 h