Trátase dun sistema de transmisión de documentos por vía telefónica.
Estrutura
1 Cabeceira
- Título: emprégase a palabra FAX ou a locución MENSAXE POR FAX e destácase tipograficamente do resto do documento.
- Datos da comunicación: número de fax do destinatario e data completa.
- Identificación dos comunicantes: interveñen dúas partes:
- Nome e apelidos, cargo e institución da unidade na que traballa o destinatario. Estes datos aparecen despois da expresión DIRIXIDO A ou despois da preposición A, destacadas tipograficamente.
- Nome e apelidos, cargo e institución ou unidade na que traballa o emisor. Estes datos menciónanse despois da presposición DE, tamén resaltada.
- Información complementaria: número de páxinas do documento e teléfono de contacto no caso de erro na transmisión.
2 Corpo
Se a información é breve, pódese escribir directamente na cuberta de fax. Outras veces indícanse neste apartado os documentos que se achegan.
3 Peche
- Sinatura rúbrica
Exemplo
FAX
______________________________________________________
NÚM. FAX: 981 741 901 DATA; 10-08-2001
________________________________________________________
DIRIXIDO A: nome e apelidos, director técnico de Construción
_______________________________________________________
DE: nome e apelidos, xefe do Servizo de Contratación
_______________________________________________________
Núm. de páxinas (incluída esta): 2
Estimado compañeiro,
Tal e como me solicitaches, envíoche a resposta á pregunta oral realizada na comisión sobre axudas á vivenda rural.
Cordialmente,
(sinatura)