Documento administrativo que contén unha declaración de xuízo dun órgano administrativo, persoa ou entidade pública ou privada sobre cuestións de feito, técnicas ou xurídicas que son obxecto dun procedemento administrativo.
Estrutura
1 Cabeceira
- Título: indicación breve do contido destacada tipograficamente do resto do documento.
- Identificación do destinatario: se o informe foi solicitado por un organismo ou persoa mencionarase neste momento baixo a etiqueta SOLICITANTE.
- Referencia: de forma opcional poden aparecer o número de expediente e o código de clasificación do órgano emisor.
2 Corpo
- Análise de datos: comprende a relación de feitos e os fundamentos legais que apoian a opinión que se vai emitir. Aparecen baixo as etiquetas FEITOS ou ANTECEDENTES os primeiros e CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS os segundos.
- Conclusións: segundo os casos pode aparecer un resumo do exposto, un xuízo de valor ou unha proposta de resolución. Comézase cun epígrafe encabezado por INFORME ou cunha fórmula como:
De acordo con todo o indicado, INFORMO:
Neste último caso continúase en parágrafos independentes encabezados por «De que» máis un verbo conxugado (se a redacción o permite).
3 Peche
- Lugar e data
- Sinatura: cargo, rúbrica, nome e apelidos
4 Anexos
Neste apartado achégase a documentación que serve de base para o informe, se a houber.
Exemplos
INFORME SOBRE COFINANCIAMENTO
SOLICITANTE: director do Consello Galego de Relacións Laborais
FEITOS
Este organismo autónomo quere subscribir un acordo de colaboración coa Asociación Europea de Estudantes de Dereito para organizar conxuntamente a XLI edición do seu congreso internacional.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
A asesoría xurídica da Consellería de Traballo revisou o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares (DOG núm. 214, do 30 de abril de 1991).
INFORME
Considero o proxecto viable porque se axusta á normativa vixente e, en particular, ao acordo citado.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002
O asesor xurídico
Nome e apelidos
PROPOSTA DE PAGAMENTO
SOLICITANTE: Consellería do Medio Rural
FEITOS
A Consellería do Medio Rural convocou as bolsas de prácticas para titulados en especialidades agrarias (Orde do 25 de abril de 2001, DOG núm. 82, do 27 de abril).
Unha vez adxudicadas as bolsas cómpre establecer un sistema para pagarlles aos beneficiarios, con frecuencia mensual, que non ocasione atrasos e procedementos de tramitación complexa.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS
Foi revisada a Orde de axudas do 25 de abril de 2001.
De acordo co anterior, PROPOÑO:
Que se ingresen os fondos na habilitación desta consellería para despois transferírllelos aos/ás bolseiros/as a mes vencido. O importe dos pagamentos, a aplicación orzamentaria e o código do proxecto son os seguintes:
. importe: 90 000 €
. aplicación orzamentaria: 07.04.601-A324.8
. código do proxecto: 093.2002.160
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002
O director xeral de Producción, Industrias Comprobado e conforme
e Calidade Agroalimentaria A interventora
Nome e apelidos Nome e apelidos
Visto e prace
O conselleiro de Medio Rural
Nome e apelidos