O adxectivo adoita acompañar o substantivo para delimitalo, achegándolle calidades que este non posúe. Esta función especificativa realízaa pospoñéndose ao nome:
X A resultante liquidación xa se lle notificou á interesada.
V A liquidación resultante xa se lle notificou á interesada.
Cando se antepón, a función non é a mesma; o adxectivo pasa a ter un emprego explicativo, indica calidades intrínsecas, xa coñecidas:
Cidadán afectado // Afectado cidadán
Acordo vinculante // Vinculante acordo
Antes do nome, tamén pode empregarse para destacar a característica que o adxectivo expresa. Non obstante, este é un recurso literario, pouco adecuado na linguaxe administrativa proque o que a Administración pretende, ao definir un concepto con adxectivos, é precisión e obxectividade.
X A adecuación solución
V A solución adecuada
X O pertinente prazo
V O prazo pertinente
X O considerable aumento
V O aumento considerable
X As correspondentes indicacións
V As indicacións correspondentes