Previo debe ser empregado na posición común dos adxectivos, é dicir, despois dun substantivo, coidando sempre respectar o seu significado: ‘anterior’.
Só se atende con cita previa
Pode interpoñer un recurso de alzada previo ao contencioso administrativo
Existen expresións moi usuais no tecnolecto administrativo que incumpren pois as regras gramaticais, tanto na colocación do termo coma no seu significado.
X O acordo tomarase previo informe da Intervencion
V O acordo tomarase tras o informe / logo do informe da intervención
V O acordo require un informe previo da Intervención. Non se tomará unha decisión ata despois de recibilo.