Dito, -a, -os, -as e os seus sinónimos (antedito, devandito, sobredito) son un recurso que podemos empregar con valor anafórico (referidos a algo ou a alguén que se citou antes). Deste xeito, danlle unidade ao texto evitando repeticións. Para facer un uso correcto deles, teñen que ir precedidos obrigatoriamente dun artigo determinado e seguidos dun nome.
X A súa asistencia a dito acto causou abraio.
V A súa asistencia ao dito acto causou abraio.
X Tomo esta decisión baseándome en devandita memoria.
V Tomo esta decisión baseándome na devandita memoria.