O pronome dativo (me, che, lle, nos, vos, lles) realiza a función de complemento indirecto. Pode facelo só:
Recolleulle a documentación o primeiro día de inscrición.
Fágolles chegar a convocatoria de reunión do Comité Asesor.
E tamén cando o complemento indirecto se expresa a seguir:
Recolleulles ás empresas concorrentes a documentación requirida polo concurso.
Entregoulles a convocatoria aos membros do Comité Asesor.
Comunicámoslles a resolución aos/ás interesados/as.
Solicítolle a vostede que teña en conta estas consideracións
Esta é unha regra de estilo característica tanto da lingua oral como da lingua escrita, que se debe coidar coa mesma atención nas linguas de especialidade.