Gramática. O uso dos pronomes de acusativo e de dativo cos verbos da Administración

O pronome de complemento directo, na súa terceira persoa e na segunda de respecto, que son as apropiadas nas comunicacións administrativas, ten tres formas posibles, segundo se sitúe antes ou detrás do verbo:

O/LO/NO    A/LA/NA   OS/LOS/NOS    A/LAS/NAS

Poñelos de acordo non resultou doado.

Citouno paras as 12.30 h.

Non a van convocar ata esta tarde.

O de complemento directo é LLE/LLES

Por favor, entrégalle esta copia á persoa que o solicitou.

Como afectados neste proceso, remítolles unha copia das alegacións.

As confusións á horaade empregalos correctamente teñen que ver en moitas ocasións co traslado dos usos do castelán ao galego. Para evitalo, é bo ter en conta:

- A maioría dos verbos galegos son transitivos, é dicir, acompáñaos un complemento directo

Recolleuno na porta da entrada e acompañouno ao rexistro.

- Se estes verbos levan un complemento indirecto de persoa, é que levan tamén un complemento directo:

Recolleulle a solicitude cinco minutos antes de pechar o rexistro.

Facer estas comprobacións permitiranos resolver a maioría das dúbidas sobre cal é a forma adecuada.