Redacción e estilo. Os signos de puntuación. A barra diagonal

Nun texto xuridico, a barra diagonal úsase habitualmente para as indicacions temporais e para nomear textos legais:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285 do 27.11.1992)

Tamén separa as determinacións de masculino e feminino cando é preciso indicar as dúas posibilidades.

Os/as alumnos/as do curso admitidos/as