Redacción e estilo. Os signos de puntuación. A coma

A coma indica unha pausa breve, dividindo así oracións en segmentos máis pequenos que manteñen a relación temática e gramatical. Debe escribirse pegada á palabra que a antecede.

Resulta útil para:

-Separar un inciso ou explicación que se intercala na oración.

A narración dos feitos, a cal se recolle na súa declaración, indica todo o contrario.

- Illar os vocativos que van no medio das oracións.

Podemos afirmar, señoras e señores, que este proceso é consecuencia dun erro de identificación.

- Macar a alteración da orde habitual da frase, para enfatizar un dato.

Tras ser aceptada a súa petición, modificou as bases da súa defensa.

- Introducir conectores textuais ao inicio das oracións: é dicir, ou sexa, isto é, xa que logo, non obstante, en fin por último, por conseguinte, en xeral, ademais…

En consecuencia, teranse en conta as indicacións do informe pericial.

- Expresións adverbiais intercaladas.

Os informes penais, consecuentemente, xuntaranse á documentación do caso.

- Separar as palabras nas enumeracións, agás o último elemento, que se une coa conxunción e.

Deberá presentar a fotocopia do DNI, o certificado e o xustificante de pagamento.

- Separar o lugar do día na expresión da data.

A Coruña, 30 de xullo de 2017

- Separar os distintos elementos dunha indicación de lugar.

Termo municipal de Culleredo, A Coruña

- Introducir o saúdo e a despedida nos documentos que poden levalos, como o oficio externo, a carta, etc.

Prezado/a señor/a,

(…)

Cordialmente,