Redacción e estilo. Os signos de puntuación. A raia

Como o guión, a raia é un trazo horizontal pero de maior tamaño.

- Nun documento administrativo, serve para introducir incisos no interior do texto:

Galicia -cunha demografía de poboación avellentada nos núcleos rurais- segue a incrementar a poboación nas cidades.

- Tamén para organizar enumeracións en parágrafos independentes:

Documentación requirida: 

- copia da denuncia

- DNI

- relación detallada dos bens substraídos

- opcionalmente, fotografías dos obxectos enumerados na listaxe