As parénteses, facendo un uso restritivo delas, sérvennos para:
- Illar aclaracións e incisos dentro dun enunciado.
Anexo I: Consonte co disposto no art. 94.2 da Lei 30/2007, de contratos do sector público (LCSP)…
- Separar da oración datos como páxinas, provincia, país, datas…
O vertido non autorizado de áridos tivo lugar nas proximidades do dolmen de Axeitos (Ribeira).
- Engadir a tradución de palabras estranxeiras e latinismos.
O tribunal decidiu outorgarlles o galardón ex aequo (por igual) aos dous finalistas
- Ordenar unha enumeración ou un documento extenso.
Esa información pode atopala detallada no apartado b) do capítulo I