Como elemento que organiza a redacción:
O punto e seguido: utilízase para separar oracións dentro dun mesmo parágrafo que non teñen relación relación sintáctica, pero si temática.
O punto e á parte: separa, dentro dun mesmo texto, un parágrafo do seguinte. Emprégase cando se produce un cambio de tema ou cando se cambia de orientación dentro dun mesmo tema. Nos documentos, ademais, pecha o texto de despedida se este consiste nunha oración,
O punto e final: marca o final dun texto.
Como recurso ortográfico:
- Remata as abreviaturas.
- Separa o día, o mes e o ano nas datacións.
- Combínase con números e/ou letras para xerarquizar un documento extenso: art. 8.3
Ademais, é importante lembrar cando non debemos usalo:
- No final dos títulos dos documentos, dos rótulos e dos sinais informativos;
- nas siglas, nos acrónimos e nos símbolos;
- nos números de anos, teléfonos e documentación.