Indica unha pausa no discurso maior ca a coma e menor ca o punto.
Usos convenientes:
- Separar oracións dentro das cales xa hai coma.
Ás 9.30 h chegaron as persoas emprazadas, os seus representantes e os da Consellería de Traballo e Benestar; sentaron na zona asignada e comezou a sesión.
- Unir oracións autonómas pero relacionadas polo seu sentido; e tamén enumeracións de oracións xustapostas.
Valide os títulos; compulse as copias; cubra o formulario e presente a solicitude xunto con toda a documentación.
- Antes das conxuncións adversativas (mais, pero, aínda que, no entanto, non obstante, emporiso…), se a oración é longa. Se é curta, úsase a coma.
As consideracións que os peritos destacan son pertinentes; mais é preciso apoialas con documentación gráfica que ata a actualidade non foi achegada pola acusación.
- Diante dunha oracións que resume o exposto anteriormente.
O abandono do monte que o rodea, o elevado tránsito de persoas e vehículos, a falta de indicadores de advertencia: todo indica que é precisa unha intervención para protexer este patrimonio arqueolóxico.