A función dos corchetes é a mesma ca a das parénteses, pero úsanse moito menos. En xereal:
- Para facer aclaracións ou engadidos nun parágrafo que xa aparece entre parénteses.
- Para introducir datos ou fragametos de texto que se presupoñen e poden axudar a entender o documento.
- Para indicar que se transcribe un texto literalmente, aínda que incorra en erros. Isto acontece, por exemplo, cando se reproducen datos de documentos en mal estado de conservación ou con deficiencias de transmisión (é o caso dos fax). Nestas ocasións, indícase a incidencia co latinismo [sic] a continuación da expresión dubidosa.
- Para indicar a supresión dunha parte dun texto, enmarcando os puntos suspensivos.