Son un recurso para:
- Deixar aberto calquera tipo de enunciado.
Na xuntanza tratáronse estes temas: as carencias en formación, a automatización de procesos…
- Marcar a supresión de palabras nunha cita textual, sempre entre corchetes.
Segundo a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificada polo Goberno de España, é un compromiso dos estados asinantes «[...] a facilitación e/ou o fomento do emprego oral e escrito das linguas rexionais ou minoritarias na vida pública e na vida privada»