É característica da linguaxe administrativa tradicional o uso continuado de frases nominais en contextos nos que poderían empregarse tamén formas verbais. Aínda que as dúas opcións son correctas a nivel gramatical, debe equilibrarse a utilización das dúas fórmulas de cara a alixeirar as expresións e darlle máis fluidez á comunicación escrita.
Incorrecto: A cuestión expostas no expediente é a improcedencia da vía de constrinximento pola existencia dunha solicitude de taxación pericial contraditoria coa suspensión
Correcto: Exponse no expediente que non procede a vía de constrinximento porque se solicitou unha taxación pericial contraditoria coa suspensión