Como norma xeral, a redacción administrativa debe procurar a orde máis lóxica dos elementos da oración: suxeito + vebo + complementos.
Se ademais empregamos frases curtas, en voz activa, e evitamos as subordinacións, estaremos aproximando a Administración á cidadanía a través dunha linguaxe máis clara, sinxela e precisa.
Por outra parte, mantendo a cotío un estilo simple, poderemos transgredilo con efectos moi eficaces: cando alteramos a organización habitual das oracións, centramos a atención sobre o elemento que se move e convertémolo en foco da información.
X Que, mediante resolución do 20.01.2011, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
V Que se adoptou o seguinte acordo mediante a resolución do 20.01.2011: