Redacción e estilo. As apreviacións. Os acrónimos

Son formacións creadas polo acurtamento doutras palabras que deben permitir sempre unha lectura silabada. É dicir, toman máis letras ca as iniciais das palabras das que proceden: motel < motor hotel

Características:

- Na formación do plural compórtanse coma un substantivo: os moteis

- O xénero condiciónao a palabra inicial do sintagma ou o referente: a Fegamp

- Represéntanse con inicial en maiúscula, se son nomes propios, e en minúscula se son nomes comúns: Igape, Unesco, Inem, radar