Redacción e estilo. As indicacións da cantidade. Os ordinais

Escríbense con cifras cando serven para organizar un texto legal: artigos, apartados…

Escríbense con letras cando:

- Expresan conceptos abstractos:

Presentou a iniciativa por terceira vez neste ano.

- Indican números de congresos, reunións:

Tivo lugar o Quinto Encontro Galego de Técnicos/as de Xestión Ambiental.