Redacción e estilo. Denominacións procedentes doutras linguas

O contacto con outras linguas provoca a incorporación de termos alleos ao galego que teñen máis ou menos éxito na súa implantación pero que nos obrigan a ter un criterio para usalos nas nosas comunicacións.

En xeral, se un estranxeirismo ten correlato galego, non é necesario incorporalo á nosa lingua. Cando non é así, podemos optar por facer as adaptacións mínimas necesarias (acentuación, grafías, etc.) ou ben traducilos. Nisto inflúe moito o uso, pero son numerosas as excepcións de nomes que a lingua asumiu a gran velocidade tal como nos chegaron.

Tradúcense, por norma xeral:

- Nomes propios de personaxes históricos, membros de familias reais, papas e outras personalidades de relevo xeral:

O rei Xoán Carlos I                                   Migel Anxo

- Nomes de personaxes literarios, mitolóxicos e divindades:

san Tomé                        Romeo o Xulieta

- Topónimos frecuentes que se introduciron na nosa lingua tempo atrás:

Bos Aires                Xenebra               Nova York

- A ccidentes xeográficos e topónimos menores:

illas Cook                             ponte Sant’Angelo

- Institucións públicas, as súas unidades, entidades sociais e cargos que os representan. Cando non se atopa unha forma segura para a correcta interpretación da tradución, xúntase ao nome galego o de orixe entre parénteses:

Ministerio de Traballo e Inmigración

Xunta de Andalucía

Delegación do Goberno

Médicos sen fronteiras

- Actividades académicas, producións culturais, eventos comerciais e competicións:

II Congreso Noruegués de Tecnoloxía Aplicada á Administración

O berro, de Munch

Campionato Mundial de Triatlón

- Premios e galardóns:

Premio Calidade 2012 do Ministerio de Sanidade

- Títulos de textos legais e disposicións normativas:

Lei internacional dos dereitos humanos

Tratado americano de solucións pacíficas