Redacción e estilo. Indicacións de lugar. Os enderezos

As indicacións de enderezos deben seguir unha orde xerárquica, xa estandarizada, que facilita a interpretación por parte de quen xestione a recepción do documento (o servizo de correos, o rexistro da outra entidade…).

- No ámbito rural, a orde é: lugar, parroquia, código postal e concello, provincia.

- No ámbito urbano: rúa, número, andar e letra, código postal e concello, provincia.

Estes datos poden corresponder á identificador do emisor, do destinatario ou outras persoas ou entidades expresadas dentro do corpo do documento. En función disto, aparecerán distribuídos en liñas ou ben separados mediante comas.

- Na cabeceira:

Nantón

San Mamede de Monte

15862 A Baña

A Coruña

 

Rúa dos Mártires de Carral, 13, 5º A

27400 Monforte de Lemos

Lugo

 

- No corpo do texto:

Notifíqueno en Nantón, San Mamede de Monte, 15862 A Baña, A Coruña

Para os efectos de notificación, o domicilio é rúa dos Mártires de Carral, 13, 5º A, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

 

- No peche:

RÚA DOS MÁRTIRES DE CARRAL, NÚM. º3, 5º A, 27400 MONFORTE DE LEMOS, LUGO

 

A última opción só é posible cando a comunicación se dirixe a outra administración.

No caso dos formularios, debe terse a precaución de non empregar termos pechados, de xeito que os modelos sirvan tanto para o ámbito urbano (rúa, praza, avenida…) como para o rural (lugar, parroquia…). O máis aconsellable é unha fórmula xenérica como:

Con domicilio en: ______________ Concello: _________________

Provincia: ___________________________