Redacción e estilo. Indicacións de tempo. As horas

Na presentación horaria, sexa con ou sen fraccións, temos que indicar as horas e os minutos Para separalos podemos empregar un punto, o recomendable, ou dous:

Emprázoo para que compareza o 13.01.202 ás 9.15 h /9:15 h.

Unha opción máis formal é:

Emprázoo para que compareza o 13.02.2012 ás 9 h 15 min.

Pódese dividir o día en dúas metades de doce horas ou nunha de vinte e catro, que é o máis usual:

A reunión comezou ás 5 da tarde. // A reunión comezou ás 17 horas.

Nas indicacións dos horarios, as horas deben escribirse con cifras:

Horario de atención ao público: de 9.00 a 14.00 h

A acreditación efectuarase entre as 10.30 e as 11.30 h.

Cando se indica unha cantidade de tempo transcorrido ou por transcorrer, póñense en letras:

Permaneceu declarando máis de dúas horas.

Calculamos que para realizar este percorrido son necesarias cinco horas.

Para sinalar momentos concretos temos dúas posibilidades:

- Se a hora non ten fraccións podemos represantala con letras ou cifras-

Deberá presentarse nestas oficinas o día 11 deste mes ás 11.00 h.

Deberá presentarse nestas oficinas o día 11 deste mes ás 11 h 30 min.

- Se a hora é fraccionada só pode expresarse con cifras.

Deberá presentarse nestas oficinas o día 11 deste mesás 11.30 h.

Deberá presentarse nestas oficinas o día 11 deste mes ás 11 h 30 min.