Redacción e estilo. Indicacións de tempo. Os días, os meses e os anos

Os días

Debemos ter en conta que se escriben en minúscula e que non se aconsella abrevialos. Nos textos administrativos preferimos as denominacións ‘lus’, ‘martes’, ‘mércores’,’ xoves’, ‘venres’, ‘sábado’ e ‘domingo’; antes ca as tradicionais ‘feiras’.

Existe tamén unha locución que inicialmente servía para referirse ao día da redacción ou rexistro dun documento: ‘con data de…’ Por calco do castelán faise un uso abusivo desta expresión que é recomendable substituír por outra mais simple: ‘o día…’

Os meses

Nos documentos oficiais só se deben empregar as denominacións de orixe romana, por máis que o galego conte con outros nomes  populares. Agás no comezo de oración, hai que escribilos en minúscula sempre que vaian en letra:

Prevese a adxudicación para o mes de xullo.

Nas datacións núméricas, poden escribirse con númeeros arábigos ou romanos; separados do resto dos elementos por un punto, barra ou guión:

25.02.2012          25.II.2012

Para falar de períodos de varios meses temos as palabras: ‘bimestre’, ‘trimestre’, ‘cuadrimestr’e e ‘semestre’.

Os anos

Escríbense case sempre con números, sen empregar puntos ou espazos entre as cifras e sen reducir. A excepción constitúea a escrita de períodos dentro dun mesmo século:

Cómpre revisar os certificados expedidos no período 2000-10.

Para falar de períodos de varios anos podemos empregar: ‘bienio’, ‘trienio’, ‘cuadrienio’,’ quinquenio’ …