Ponteceso con Rosalía

O Servizo de Normalización Lingüística programou actividades ao redor da figura de Rosalía para todos os sábados do mes de febreiro:

- 2 de febreiro: «Rosalía con Pondal no Rexurdimento», conferencia de Anxo Angueira, ás 19.00 h na biblioteca municipal

- 9 de febreiro: «Miña almiña», concerto de Son Trío, ás 21.00 h, no Edificio das escolas

- 16 de febreiro: lectura de poemas de Rosalía, ás 18.00 h, na biblioteca municipal

- 22 de febreiro: o alumnado do IES lerá poemas da autora, ás 13.20 h, no salón de actos do IES Eduardo Pondal

- 23 de febreiro: «Rosalía, de corazón», mesa redonda con Miguel Losada, Pepa Nieto e Villo Argumanez, ás 18.00 h, na biblioteca municipal