No Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte, 3 de febreiro de 2021, saíu publicada a Resolución do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).
Convócanse cursos presenciais e en liña.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do 4 de febreiro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf