Fala como bailas, en Galego

Obradoiro de danza urbana en Ponteceso

A danza provoca beneficios físicos, como son a forza, a flexibilidade, o equilibrio e mellora a saúde cardiovascular.
A danza provoca beneficios para o cerebro e para as emocións, como son reducir o estrés e a ansiedade, mellorar a memoria e a función cognitiva e aumentar a autoestima e a confianza, ademais de fomentar a socialización e as relacións interpersoais.

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza un obradoiro de danza urbana o día 27 de setembro, de 10:00 h a 13:00 h no Edificio das Escolas.

As persoas interesadas poden inscribirse no 981714000 (ext. 1016) ou achegarse ao Edificio das Escolas (Rúa Teresa Mosqueira Manso) o día 27.

Bailamos?

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística
Colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística