TERMIGAL acaba de publicar o Diccionario de alimentación e restauración

TERMIGAL, o Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e mais da Real Academia Galega, acaba de publicar unha nova ferramenta para avanzar no uso da lingua galega no ámbito da hostalaría: o Dicionario de alimentación e restauración.