O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co Departamento de Servizos Sociais, organiza a actividade Festa das palabras.
A actividade consiste nunha festa infantil centrada no mundo das palabras e dos grandes personaxes creados pola literatura galega. Inclúe actividades de animación como xogos, grandes xogos, obradoiros, contacontos, música, etc.
A actividade desenvolverase o 19 de agosto na Asociación Monte Branco.
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística