Contos e outras andrómenas

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co centro educativo A Galiña Azul, organiza a actividade Contos e outras andrómenas. 

Trátase dun contacontos a corgo do actor e narrador oral Pedro Brandariz, que debulla contos recollidos da tradición oral galega e que narra dende un punto de vista humorístico para provocar gargalladas.

A actividade desenvolverase o 9 de outubro.

Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística