O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co CEIP Eduardo Pondal, organiza as actividades A familia do Pindirico e Monólogo Cómico.
A familia do Pindirico vivirá unha aventura en galego amosándolles aos cativos e ás cativas o importante que son os dereitos lingüísticos.
A actividade desenvolverase o 15 de outubro no CEIP Eduardo Pondal.
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística