Carta aos Reis Magos

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso, en colaboración co Departamento de Cultura, pon en funcionamento a campaña de Nadal que vén desenvolvendo dende hai cinco anos, coa entrega de cartas aos Reis Magos nos centros educativos do concello e no comercio local.

Ademais, o luns 7 e o venres 11, vai estar nos centros educativos o Apalpador, entregando caramelos @s nen@s e contándolles un conto.