Programa Apego

Apego é un programa integral para fomentar a transmisión do galego facilitando argumentos en positivo, achegando recursos, creando redes e comunidade e arroupando a crianza en galego con arraigo, orgullo e identidade.

Diríxese ás familias que se preparan para a chegada dun/dunha neno/a e acompáñaas na transmisión da lingua ata os 6 anos.

A Concellería de Educación, Asociacionismo e Patromonio, a través do Servizo de Normalización Lingüística, participa neste programa e organizará actividades relacionadas con el para o seu bo desenvolvemento.