O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Comisión de Festas da Barquiña, organiza unha sesión de xogos tradicionais.
Trátase dunha sesión de xogos populares e tradicionais na que as nenas e os nenos poderán participar en xogos como o ferrón, os aros, os sabos, os zancos, o metediscos, a chave, o pano, a pita cega, o cazarrabos, o sogatira …
Día: 12 de setembro
Hora: 16.30 h
Lugar: praza do Recheo
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística