O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Comisión de Festas da Pilarica, organiza unha sesión de xogos tradicionais.
Trátase dunha sesión de xogos populares e tradicionais na que as nenas e os nenos poderán participar en xogos como o ferrón, os aros, os sacos, os zancos, o metediscos, a chave, o pano, a pita cega, o cazarrabos, o sogatira …
Día: 12 de outubro
Hora: 17.00 h
Lugar: praza Campo da Feira
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística