«Ovos, letras, galiñas»
Trinketrinke teatro
A gran Lilí Gruyére acode á Biblioteca co seu sobriño Pillo. Este rato comellón aínda non sabe ler e Lilí decide ensinarlle utilizando un método revolucionario da súa invención. Ao remate da clase, cando chegue a Lonxedetodo, poderá merendar os deliciosos ovos que poñen as galiñas do seu galiñeiro.
Biblioteca municipal, o 13 de outubro, ás 19.30 h
Para nenas/os de 3 a 6 anos
Inscrición: gratuíta, a partir das 9.00 h do xoves 6 de outubro
Colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística