Actividade programada polo Servizo de Normalización Lingüística.
Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montaremos unha pequena orquestra coas nenas e nenos que asistan aos talleres. Imos repartir entre as nenas e nenos instrumentos de percusión menor (pandeiretas, axóuxeres, claves etc.), que terán que acompañar as melodías de Pablo Díaz e Olga Kirk.
Aprenderemos algúns dos xogos das avoas, bailarémolos e acabaremos aprendendo bailes, coros e coreografías dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC e XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA
Biblioteca municipal, o 3 de novembro, ás 18.00 h
Para nenas/os de 3 a 6 anos
Inscrición: gratuíta, a partir das 9.00 h do luns luns 23 de outubro