Día Internacional da Lingua Materna

 

 

 

 

 

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o multilingüismo e a diversidade cultural. A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas en todo o mundo tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet…
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso celebra o día 21 de febreiro no IES Eduardo Pondal coa proxección do filme «A palabra xusta», unha viaxe a través da memoria das cousas, dos recordos, dos pensamentos e das emocións da profesora Antía Cal, que inventou un xogo para os seus alumnos no que, ao rematar a clase, cada un tiña que escribir nun papel e da forma máis sintética o que aprendeu na clase do día, se fose posible, nunha soa palabra e, entre todos, eleixen a mellor resposta: a palabra xusta.

Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística