Contando con Rosalía
A Concellería de Educación, Asociacionismo e Patrimonio que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, organizou para o día 22 de febreiro un acto que xira ao redor da figura de Rosalía de Castro. A actividade está dirixida ao público infantil con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos e desenvolveraa a narradora oral e ilustradora Marisa Irimia no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal, en horario de 10.15 h a 11.15 h e de 11.45 h e 12.45 h, respectivamente. Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro servirán para poñer en valor a figura da poeta do Rexurdimento, Antes da actuación de Marisa Irimia, os alumnos de cada centro recitarán poemas dunha das figuras indispensables do panorama literario do século XIX e autora da obra» Cantares gallegos», considerada como a primeira gran obra de literatura galega contemporánea.
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística